Site icon Crónica3.com A Mariña

Iván Marrube: “Feijóo pretende destruír a sanidade da Mariña a golpe de decreto”

A desaparición da capacidade de xestión autónoma da área sanitaria norte con centro de referencia no Hospital da Costa, supón o desmantelamento e liquidación da sanidade da Mariña, avocando aos pacientes á dependencia da xestión na capital, limitando o acceso aos servizos sanitarios e rachando coa calidade da atención sanitaria dos veciños e veciñas da comarca, non supoñendo coordinación da xestión, senón subordinación.

Dende Compromiso por Galicia considérase que Feijóo mentiu, posto que en declaracións do ano 2009 afirmaba que o Hospital da Costa non ía depender en absoluto do de Lugo. Non obstante, nos pasados días confirmou que a xestión da sanidade de tódolos lucenses se centralizará na capital da provincia, sen ter en conta nin escoitar a demanda colectiva que lle reclama o mantemento da autonomía na xestión.

Iván Marrube considera que “Feijóo pretende destruír a sanidade da Mariña a golpe de decreto; mentres que a xestión descentralizada é garante de coñecer onde, como, quen e con que recursos se conta para facer fronte ás necesidades das 70.000 persoas que habitan na comarca”.

Compromiso por Galicia fai un chamamento de responsabilidade aos membros do Partido Popular para que teñan en conta a demanda social e de colectivos da Mariña, e antepoñan o benestar dos cidadáns por riba do interese e mandato partidista.

Exit mobile version