O Cenima de Foz acolle a inauguración da exposición de pintura de Aina Noguera o venres 15 de marzo a partir das oito do serán. Aina chega a Galicia no 2002 despois de estudar Belas Artes na Universidade de Barcelona para vivir nunha casa de pedra nunha parroquia de Cervo onde xurde un espazo e tempo polo que Aina traza un camiño paralelo de cor, expresividade e soños.