Site icon Crónica3.com A Mariña

Fotografías do Val

O departamento de Cultura do Concello do Valadouro está a traballar nun evento complementario ao Mercado de Primavera: Unha exposición de fotografía antiga para o que necesitamos da colaboración de todos os veciños e veciñas ou calquera persoa que poida ter na casa instantáneas de Ferreira ou do Valadouro. Búscanse fotos que destaquen estampas do Val ata os anos 80 -como máis recentes-, que amosen edificios, festas, celebracións relixiosas, tarefas do campo, retratos de familia, etc. Na Casa da Cultura realizarase unha selección das fotografías que se axeiten ó perfil do evento para escanealas, tralo que o seu propietario ou autor deberá asinar unha autorización de uso. Posteriormente, as persoas que acheguen as fotografías poderán levalas de novo ás súas casas. A exposición está previsto inaugurala o día do Mercado na Casa da Cultura e poderase visitar durante un mes.

Exit mobile version