A Casa Rural e Restaurante ‘El Rincón de Anita’ (Marzán, Foz) é unha das empresas seleccionadas este ano para recibir os premios ‘Plato de Oro’ que cada ano entrega Radio Turismo a restaurantes e casas de turismo rural de Galicia aproveitando a celebración do certamen Xantar, que ten lugar estes días en Ourense. ‘El Rincón de Anita’ é un dos establecementos que forma parte do Club de Calidad de Turística da Mariña Lucense, creado pola Asociación de Turismo Rural da Mariña para promocionar e dar a coñecer a costa de Lugo.
