Ata o 17 de marzo os restaurantes ribadenses La Solana e San Miguel, ubicados no porto deportivo, ofrecen ós seus clientes a Quincena do Mar na que é posible saborear exquisitas racións, varias preparacións de pescada, rape e sargo e tamén menú degustación. Os que se acheguen estes días ós dous establecementos poderán saborear racións degustación, por 6 euros, de: salpicón de pescada e gambas, pastel de cabracho, pementos recheos de cabala, salteado de arroz con polbo do Cantábrico ou mexillóns en escabeche. Entre os pratos recomendados por José Blanco e José Ramón Rodríguez, cociñeiros e propietarios de La Solana e San Miguel, respectivamente, atópanse a pescada con arroz a banda, milfollas de pescada con crema de nécoras, rape con gambas ó allo, rape en salsa verde con ameixas, sargo ó forno con pataca panadeira ou sargo ó aroma de sidra. O prezo destas preparacións oscila entre os 17 e os 20 euros. E de luns a venres, á comida e á cena, La Solana e o San Miguel propoñen un menú degustación composto por tres aperitivos, un prato principal de peixe, bodega, pan, sobremesa e café por 22 euros comensal. Todos os prezos inclúen o IVE.
Continúa a Quincena do Mar na Solana e San Miguel ata o 17 de marzo
Continúa a Quincena do Mar na Solana e San Miguel ata o 17 de marzo
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo