Co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora (día 8 de marzo) terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz un acto conmemorativo o sábado día 9 ás 17,15 horas. Consistirá nunha conferencia que dará a psicóloga clínica Susana Fernández e versará sobre “A muller e o traballo ó longo da historia”. Esta conferencia, organizada polo Concello de Alfoz, celebrarase previamente á segunda xornada do I Festival de Cine de Alfoz, que será no mesmo lugar ás 20 horas.
Conferencia en Alfoz
Conferencia en Alfoz
Relacionado
-
Este domingo, 12 de xaneiro, volven os Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo
-
Cariño puxo o punto e final á programación especial polo Nadal o pasado domingo, 5 de xaneiro, coa celebración da tradicional Cabalgata de Reyes, que pasou por distintas parroquias ata chegar á Casa do Concello
-
Mario Conde abriu este venres os X Foros de debate da Fundación Sargadelos