A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove, sumándose ás celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora, organiza para o vindeiro domingo, 10 de marzo, ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, a VI Chocolatada para as mulleres do concello.
Dende a concellería realizouse unha invitación a tódalas mulleres de Xove a que asistan a este acto, animándoas a participar neste evento que, basicamente, pretende recoñecer as aportacións da muller dentro da nosa sociedade.
Continuando coas actividades de celebración, e neste caso contando coa colaboración do IES Illa de Sarón, o luns, 11 de marzo, ás 17:00 horas, terán no Salón de Actos do Centro Cívico a presentación do proxecto “Co-rresponsais Xove” e actividades conmemorativas do alumnado do IES Illa de Sarón de Xove.