Site icon Crónica3.com A Mariña

“Mentalízate” no IES Perdouro

IMG_1244A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña impartiu ao alumnado de 4º de ESO e 4º PDC o día 7 de marzo unha charla divulgativa co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades mentais. “Mentálizate” é unha campaña para informar e sensibilizar aos mozos/as sobre saúde mental. Esta actividade que se desenvolve a nivel nacional vai dirixida fundamentalemente aos rapaces de entre 14 e 20 anos. Sonia Nogueiras Oroza, psicóloga do centro de axuda ao enfermo mental, e Vanesa García Cayón, educadora social, explicaron ó alumnado que a enfermidade mental é unha patoloxía severa e persistente, que en parte pode previrse coa axuda de todos, colaborando na detección precoz de síntomas, educando en habilidades interpersoais para previr as condutas de risco (como o consumo de cannabis e outras drogas), e fomentando hábitos de vida saudables. Ademais, fixeron especial fincapé nunha actitude positiva cara aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e cara os seus familiares co propósito de evitar e eliminar a discriminación e prexuízos cara estas persoas.

Exit mobile version