Foi o Grupo Parlamentario Popular quen, a instancias do actual Equipo de Goberno do Concello de Foz e logo de facerse eco das peticións de distintos usuarios das instalacións portuarias requiriu executar unha actuación máis completa ao obxecto de complementar o dragado de emerxencia executado pola Xunta efectuada fai dous anos.
O voceiro do Mar do Grupo Popular lembra que Portos de Galicia adquiriu o compromiso de executar esta actuación de retirada de areas e outros sedimentos ao obxecto de garantir que as distintas embarcacións poidan efectuar con normalidade as manobras de atraque, entrada e saída sen risco de varada
En relación con este asunto, o Grupo Parlamentario Popular formula as seguintes preguntas:
1.- ¿En que situación se atopan os proxectos anunciados polo Presidente de Portos de Galicia na súa visita do pasado mes de decembro á localidade de Foz?
2.- ¿Que previsións manexa o ente público autonómico ao respecto do desenvolvemento do dragado integral das dársenas portuarias e canles de acceso?