Site icon Crónica3.com A Mariña

Asambleas da Comunidade de Montes de Cangas, a agrupación Os Castros e a asociación de veciños San Pedro

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA Comunidade de Montes en Mans Común de Cangas de Foz celebra o vindeiro domingo 17 de marzo de 2013 ás cinco da tarde en segunda convocatoria a Asemblea Xeral Ordinaria. Na orde do día figuran, entre outros, os seguintes temas a tratar: actualización de comuneiros, estado das contas do ano 2012 e ornamentos para o 2013, dimisión da xunta directiva e convocatoria de eleccións. Ó seu remate tamén se celebrará a asemblea ordinaria da agrupación deportiva e cultural ‘Os Castros’ de Cangas onde se dará conta das contas do 2012 e o orzamento para o 2013, así coma a dimisión da directiva e convocatoria de eleccións. Finalmente, desenvolverase a asemblea da asociación de veciños de San Pedro de Cangas onde se actualizará o censo de socios e se procederá tamén á avaliación das contas do pasado exercicio e o orzamento para o 2013. Tamén dimitirá a xunta directiva e se convocarán novas eleccións.

Exit mobile version