No Día Internacional da Muller, que se celebra este 8 de Marzo, os mozos e mozas socialistas consideramos que é inadmisible o ataque directo os dereitos da muller que está a levar a cabo o Goberno, poñendo a crise como escusa.
As reformas e decisións tomadas a cabo polo Partido Popular agravan día tras día a situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas polas políticas ultraconservadoras inxustificadas.
Xuventudes Socialistas de Lugo esixe o Goberno, con motivo do Día Internacional da Muller, que rectifique e invista nas mulleres españolas para garantir a súa igualdade respecto os homes, que se está vendo seriamente danada polas políticas postas en marcha polo goberno de Mariano Rajoy.
En opinión de Xuventudes Socialistas de Lugo, “somos testigos dunha evolución ideolóxica: están frustrando as expectativas de moitas mulleres mozas que confiaron nesta democracia e nesta país para implicarse nun proceso igualitario real”. “As mulleres españolas, con moito traballo e esforzo, tomaron parte dun modelo de avance en igualdade no que críamos que sempre iríamos cara adiante, sempre seríamos máis iguais”.
Dende esta organización xuvenil destacamos o empoderamento e influencia da muller española “grazas as institucións e políticas públicas que fomentaron plans de igualdade e a creación de leis que permitiron cambiar a nosa vida cotiá, penalizando a violencia o acceder a empregos por fomentar a conciliación laboral”.
Dende Xuventudes Socialistas instamos o goberno a que cese no axuste ideolóxico que reflexa nos Presupostos Xerais do Estado, no tasazo xudicial, na reforma laboral, na LOMCE, na modificación da Lei de IVE, na supresión da lei de dependencia e en todos os campos sobre os que se está estendendo o se modelo conservador, que retrocede 30 anos nos dereitos das mulleres e a súa igualdade real fronte os homes.
Os mozos e mozas socialistas cremos que a igualdade entre homes e mulleres é un dos piares da nosa democracia. As reformas e decisións tomadas polo Partido Popular agravan día tras día a situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas polas políticas ultraconservadoras inxustificables mediante a austeridade.