A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela, dentro da súa nova campaña de comercio ‘Enrédate en Burela’, repartirá premios con todas as compras realizadas entre o 15 de marzo e o 15 de maio nos 51 establecementos participantes.
Os premios consisten en diferentes vales de desconto canxeables na seguinte compra en calquera destes establecementos, que poden chegar a ser de ata 10 euros de desconto directo.
Con esta campaña ACIA BURELA pretende que cada compra nos seus establecementos anime a realizar unha seguinte compra e así sucesivamante, xa que todas as tarxetas teñen premio directo.