Site icon Crónica3.com A Mariña

A muller focega

O matriarcado que caracteriza ó noso país irrumpeo na vida galega en época remota e nunca deixou de rexir a historia de Galicia e o destino de cada galego. Di Carlos Martínez Barbeito que o mais fondo do ser da terra, dende a paisaxe á música e a fala, todo aquí aparece baixo un tinte feminino. “Moito do que producíu o xenio indíxena débese ás mulleres: Egeria, monxa viaxeira e escritora do s.IV; Agape, gran axitadora do priscilianismo; María P.Balteira, xoglaresa do s.XIII; María Pita, heroína contra os ingleses en 1589; Isabel Barreto, descubridora e navegante; as raíñas Juana e Inés de Castro; a poetisa Condesa de Altamira…son bós exemplos nos tempos antigos. No s.XIX , as catro mulleres mais ilustres de España foron Concepción Arenal socióloga, penalista e pensadora; Rosalía de Castro voz, gorxa e alma de Galicia; Pardo Bazán, novelista, sabia e crítica xenial e Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina, mente política, vestal da fidelidade e do honor e anxo da caridade….Tense dito que en Galicia os grandes homes eran…mulleres. Pero a carón destas, moitas de non menor entidade espiritual, e miles de oscuras mulleres galegas, que son a alma e o corpo do fogar. “Mulleriñas – dí o autor – ás veces insignificantes ó exterior, pero moralmente grandes, que levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico…”. Foz non é a excepción, e os focegos, que vivimos boa parte do século XX, somos testemuña de ata onde chegaba, en tempos de auténtica penuria, a capacidade de sacrificio, privacións e de renuncia das mulleres do noso pobo.
Non precisou o cronista saír do niño materno para descubrir o valor da muller focega traballadora, emprendedora e abnegada; a matrona que criando once fillos gastaba os seus días nunha constante entrega ó traballo, ó esforzo e á arriscada iniciativa.
Dixera o poeta:”…aunque no sé tu nombre/ ni si eres linda o fea/ con flores deja que tus pies alfombre,/ que para honrarla el hombre/ bástale a la mujer que mujer sea”.

Suso Fernández

Exit mobile version