Representantes de Aturmar, representando ó Club de Calidad Turística da Mariña lucense, estarán presentes na ITB de Berlín, que abriu as súas portas o 6 de marzo ata o día 10.
Os representantes da Mariña lucense farán a viaxe durante o día de hoxe, chegando a Berlín pola tarde. Mañá, á primeira hora, estarán presentes nesa cita para manter multitude de contactos coa fin de poder atraer mercado de turistas alemáns ós aloxamentos que representan en particular e á Mariña en xeral.
Participan nesta feira coa experiencia da pasada edición, xa que puideron ver e experimentar en primeira persoa como se desenvolve esa feira, algo distinta á de Madrid, Fitur; xa que se base nun negocio puro e no produto turístico.
Este ano preséntanse cun amplo abano de produto turístico, o cal cremos que pode espertar interese no mercado alemán. Para iso, elaboraron distintos paquetes de 5 e 7días relacionados con todos os valores turísticos que ten a Mariña e dando unha especial importancia ó camiño de Santiago “Camiño do Mar”.
Conchita Blanco (El Rincón de Anita) e Manuel Vicente (Anatur Hotel) son os representantes de Aturmar desprazados a Berlín.