Emma Álvarez explicou que se soltaron máis de mil salmóns de entre 15 e 20 centímetros co fin de conservar esta especie no río Masma. “Eu agradézolle ao director xeral de Conservación da Natureza que escollera Lourenzá, e sobre todo unha área tan fermosa como é a da Cazolga, para levar a cabo esta solta, que hai que facer nos tramos baixos da canle fluvial para desta maneira poder favorecer o seu proceso migratorio e que retornen, unha vez máis, ao río Masma a desovar, que é o que realmente interesa desta solta de salmóns”, manifestou a alcaldesa.
A rexedora municipal destacou que “na área recreativa da Cazolga está o centro de precintado do salmón e a base dos vixiantes de recursos naturais da conca do río Masma, no que actualmente a cota de captura des salmóns é de 15 por ano”.