Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ solicita ao goberno local dotar as beirarrúas de pre-instalación soterrada para canalizar os servizos de alumeado público e outros

Que por parte da Xunta de Galicia, estase a proceder á construción de Beirarrúas na Parroquia de Cangas, na estrada Cangas-Ferreira, para dotar a esta vía con sentido urbano.

Que analizada en sito as obras realizadas, observamos que na mesmas non se instala, nin se prevé a pre-instalación de ALUMEDO PÚBLICO, algo que resulta difícil de entender, e so xustificado por desidia ou por falta de imaxinación do G.Local do PP de Foz, por non incluílo no proxecto.

Unifoz, entende que a pre-instalación soterrada de ALUMEADO PÚBLICO, apenas supoñería gasto para o montante da obra, e si sería decisivo, para que no futuro non fora necesario romper a beirarrúa, para súa instalación.

Por todo o exposto Unifoz, solicita do G.Local, faga os medios oportunos ,para que coa baixa da adxudicación da obra, ou con medios propios, e dotar as beirarrúas mencionadas de pre-instalación soterrada, para canalizar os servizos de alumeado público e outros.

Que Unifoz, na pasada sesión plenaria, fixo a proposta de deixar pendente para mellor estudio a aprobación de unha serie de puntos que tiñan que ver coa SEDE ELECTRÓNICA, a que foi aprobada pola maioría da Corporación.

Que ante as dudas sobre diferentes informacións expostas polas forzas políticas na sesión plenaria

SOLICITA, a convocatoria de unha xuntaza URXENTE con técnicos da Deputación do programa Innova-TE, e os portavoces políticos, xunto cun técnico do Concello, coa finalidade de analizar as posibilidades do mencionado programa.

Exit mobile version