Site icon Crónica3.com A Mariña

Suárez Barcia agarda que o novo Conde de Ribadeo “estreite” as relacións coa vila

SUÁREZ BARCIA AGARDA QUE O NOVO CONDE DE RIBADEO ESTREITE AS SÚAS RELACIÓNS CON ESTA VILA.

Ribadeo, 5 de febreiro de 2013. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que o novo Conde de Ribadeo, don Alfonso Martínez de Irujo y Fitz-James-Stuart, estreite as súas relacións con esta vila tanto desde o punto de vista económico coma turístico.

Hoxe o Boletín Oficial del Estado publica que la sucesión en el título de Conde de Ribadeo ha sido solicitada por don Alfonso Martínez de Irujo y Fitz-James-Stuart, a consecuencia de la distribución efectuada por su madre, doña María del Rosario Cayetana Fitz-James-Stuart y Silva, lo que se anuncia por el plazo de 30 días, contados a partir de la publicación de este edicto… para que puedan alegar lo conveniente los que se consideren prexudicados por la mencionada distribución.

Suárez Barcia quixo “dar os nosos parabéns por tan insigne distinción a nivel formal. Os de Ribadeo hai moito tempo que deixamos de render vasalaxe, nós aquí en Ribadeo non somos vasalos de ninguén. En todo caso agardamos que isto serva para fortalecer unhas relacións con este nobre Concello que a Duquesa que ostentaba ata o agora este título de Condado de Ribadeo nunca tivo. Quizais o seu fillo poida aproveitar para estreitalas, tanto desde o punto de vista dunha contribución de inversión económica da nosa vila ou ben a difundir desde o punto de vista turístico os nosos recursos como poden ser o casco histórico de Ribadeo, a Torre dos Moreno, ou mesmo a nosa internacional praia das Catedrais”.

Para o alcalde de Ribadeo “todo isto viría moi ben, dado o momento difícil que institucións como a monarquía ou a nobreza están a ter nestes momentos nesta nosa sociedade que está a piques de erguerse contra moitos modelos de sociedade caducos, como este caso”.

Exit mobile version