A Asociación galega AMARANTE Setem organiza dende hai 12 anos o programa de educación ao desenvolvemento Xanela aberta ao Sur, na que se da a posibilidade de que os galegos e galegas coñezan de preto o traballo das organizacións do Sur e a cooperación e solidariedade entre ás organizacións de distintos países. Para dar a coñecer esta experiencia, ribadenses que viaxaron este verán a Brasil, Ecuador e Marrocos estarán este venres 8 de febreiro ás 19:00 horas na tenda – bar de produtos ecolóxicos “A Modiño” en Ribadeo. Para tódalas persoas que estean interesadas en realizar esta formación e experiencia, AMARANTE xa abriu o período inscrición que será dende 1 de febreiro e ata o 14 de marzo.Para inscribirte ou pedir máis información: educacion@amarantesetem.org ou no teléfono 981 584 713.