O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a presentación do libro “Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana”, con Aurora Marco. Terá lugar o venres 8 de febreiro, ás 20.30h, na Casa das Letras de Ribadeo. Para a presentación contarase coa presenza da catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega Aurora Marco, persoa encargada da edición, tradución, introdución e notas do libro Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana. Ademais, proxectarase o documental Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola terra, de Pablo Ces.