Cervo, 6 de febreiro de 2013-A Comisión Especial de Contas abordou esta semana a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo exercicio da venda ambulante no mercado de San Ciprián. Unha xuntanza previa á celebración do pleno da corporación que se terá lugar este venres ás 18:00 horas e no que se debaterá este mesmo asunto.
En concreto, ese cambio consiste na redución do importe que deben abonar aquelas persoas que desenvolvan esta actividade tanto nos casos suxeitos a licenza municipal como nos casos de asistencia puntual ao mercado.
Tras a entrada en vigor desta modificación á baixa, os vendedores que dispoñen de licenza pasarán a pagar 4 euros por metro lineal cada dous meses fronte aos 12 que establecía a taxa. En canto aos postos de asistencia puntual, pasarán a aboar 1,50 euros por metro lineal e día fronte aos 2 euros fixados na anterior ordenanza.
A diminución da taxa que deben pagar os vendedores ambulantes de San Ciprián responde ao obxectivo de dinamizar e manter activo o mercado semanal.