O IES de Foz e o pintor didáctico de “El Quijote”, Queralt Blanch, convocan o CERTAME LITERARIO “RUDESINDUS, UN XIGANTE DO SÉCULO X”, coa finalidade de impulsar a creatividade literaria e o coñecemento do pensamento e o espírito de Rudesindus (San Rosendo) na loita contra a escravitude. A convocatoria vai dirixida a estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de toda a provincia de Lugo. Os traballos serán expostos no centro e difundidos a través da súa páxina web. Os mellores traballos serán premiados. Para este fin redactáronse as seguintes bases:
Poderá participar o alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de todos os centros da provincia de Lugo.
Os temas a tratar no traballo serán:
– O mundo no que viviu Rudensindus. O mundo no que vivo e o mundo no que me gustaría vivir. Galiza na Idade Media.
– Os valores de Rudensindus. A loita contra a escravitude.
O traballo realizarase de forma individual e en galego, e terá una extensión mínima de 2 folios e máxima de 5. Os traballos presentaranse en formato dixital ou en soporte de papel tamaño DIN-A, mecanografado en letra Times New Roman de corpo 12, por una soa cara e a dobre espazo. Os datos do autor/a (nome, apelidos, centro escolar e curso) aparecerán na última folla. O prazo de entrega rematará o día 16 de maio de 2013 e os traballos entregaranse na secretaría do IES de Foz (Rúa Castelao s/n), ou na seguinte dirección de correo electrónico: ies.foz@edu.xunta.es
Establécense os seguintes premios:
1º premio: unha obra pictórica orixinal e asinada por Queralt Blanch e unha Tablet
2º premio: un ordenador portátil
3º premio MP5 (reprodutor)
O xurado estará composto por persoal especializado nas áreas de lingua (castelán e galego), historia e xornalismo. A participación neste certame implica a total aceptación destas bases. O ditame do xurado será inapelable e os premios non poderán ser declarados desertos. Terase en conta a expresión escrita, a claridade na redacción e a ortografía. Os premios entregaranse o día 6 de xuño de 2013 no IES de Foz.