Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo popular rexista unha iniciativa no Parlamento interesándose polas medidas da concentración parcelaria de Sasdónigas en Mondoñedo

O GRUPO POPULAR PREGUNTA POLAS MEDIDAS DA XUNTA PARA SEGUIR IMPULSANDO A CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE SASDÓNIGAS EN MONDOÑEDO

Os deputados Vidal Martínez-Sierra e José Manuel Balseiro rexistran unha iniciativa no Parlamento subliñando o compromiso do PP co proxecto, desbloqueado polo actual Goberno logo de 45 anos de longa tramitación

Santiago, 5 de febreiro de 2013.- Os deputados do Grupo Popular Vidal Martínez-Sierra e José Manuel Balseiro veñen de rexistar unha iniciativa no Parlamento de Galicia coa que se interesan polas medidas que a Xunta ten previsto adoptar para seguir impulsando a concentración parcelaria de Sasdónigas en Mondoñedo.

Na exposición de motivos da pregunta parlamentaria, os deputados lembran que esta concentración parcelaria acumula máis de 45 anos de tramitación e non foi ata a chegada do PP ao Goberno da Xunta cando todo este proceso puido ser desbloqueado, logo de superar as dificultades existentes fundamentalmente relacionadas coa necesidade de dispor do preceptivo informe de impacto ambiental e de salvagardar o Camiño de Santiago, que discorre pola zona.

MÁIS DE 625 HECTÁREAS

Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra queren coñecer as previsións da Consellería do Medio Rural e do Mar para o remate dos trámites pendentes e, máis en concreto, o amolloamento das novas parcelas resultantes. De feito a concentración parcelaria de Sasdónigas ten unha superficie que ascende a 625,58 hectáreas, cun total 3.513 parcelas e 252 propietarios e logo da execución do proxecto o obxectivo é pasar a 609 fincas, e aumentar a superficie media da parcela dos 1.781 m2 antes da concentración aos 10.272 m2 resultantes finais.

A concentración parcelaria de Sasdónigas inclúe as parcelas adicadas a labradío, prado e monte con este mesmo nome cos límites seguintes: Norte parroquia de Os Remedios (Mondoñedo), Sur parroquia de Galgao (Abadín), Leste parroquia de San Vicente de Trigás (Mondoñedo) e Oeste parroquia de Quende (Abadín)

CORRIXIR A FRAGMENTACIÓN DA PROPIEDADE

Os deputados populares sinalan que a histórica fragmentación da propiedade da terra en Galicia dificultou o crecemento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o óptimo aproveitamento da superficie.

Co propósito de combater esta situación e conseguir unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona desde a Xunta de Galicia están a impulsarse os procesos de concentración parcelaria en distintas partes do territorio. Precisamente este obxectivo é hoxe unha das prioridades da Consellería do Medio Rural e do Mar nesta nova lexislatura.

Exit mobile version