Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo cadete do C.D. Foz empatou contra o terceiro clasificado o Becerreá

Mala xornada dos equipos base do C.D.Foz esta fin de semana. Os INFANTIS de Burunda que xogaron o derradeiro encontro de esta primeira fase da liga galega, ante o Conxo santiagués caeu derrotado no Martínez Otero por 1-3. Os focegos aínda así xogaron un bo partido pero foron incapaces de remontar o dous a cero en contra co que xa se foron o descanso. Acortaron distancias pero cando ían a polo empate caeulles o terceiro encima. Boa fase non obstante dos focegos que remataron no décimoquinto posto. A ver agora como queda o calendario nesta segunda fase na que empezan con trece puntos. Os XUVENIS de Amarelo caeron en Xove ante o titular por 2-1, e perden así o primeiro posto da clasificación agora en mans do Praia de Cobas. Jacobo foi o autor do gol focego. Pola súa parte os CADETES desprazáronse o domingo á montaña para xogar contra o terceiro clasificado, o Becerreá, onde acadaron un empate(1-1), e perden así os primeiros dous puntos no que vai de liga. Partido xogado de poder a poder, onde Germán anotou de rechace dun penalti, que el mesmo tirara, adiantándose no marcador. A falta de catro minutos empatou de tiro directo o equipo montañés. Os de Oke seguen de lideres con cinco puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado.

Exit mobile version