Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG organiza unha xornada o vindeiro día 14 sobre a posta en valor da Praia das Catedrais coa participación da Comisión Europea

O BNG ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE A POSTA EN VALOR DA PRAIA DAS CATEDRAIS COA PARTICIPACIÓN DA COMISIÓN EUROPEA

Contará coa presenza do alcalde, expertos científicos y ecoloxistas nun seminario que terá lugar no Parador de Ribadeo o vindeiro 14 de febreiro

Bruxelas, 7 de febreiro 2013 .- O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, organiza unha xornada para abordar medias e propostas para preservación e a posta en valor da Praia das Catedrais, -referente ambiental e turístico de Galiza-, na que participará a Comisión Europea coa presenza da responsable da Dirección Xeral de Natureza e Biodiversidade, Pía Bucella.

Esta xornada, ten lugar como continuación do encontro que o pasado mes de xuño mantivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, no Parlamento Europeo, coa presenza de técnicos e responsables en materia de medio ambiente tanto da Comisión como da Eurocámara, no que tamén estivo presente a directora xeral, que agora se despraza ata Ribadeo para coñecer in situ a Praia das Catedrais e a súa problemática, tendo en conta que se trata dun lugar de interese comunitario (LIC).

A xornada, abertas ao público, incluirán a participación do Executivo da UE a través da directora xeral, da eurodeputada Ana Miranda, o alcalde de Ribadeo así como expertos en medio ambiente, ecoloxistas e responsables políticos das distintas Administracións, co obxectivo de formular propostas e sumar esforzos arredor dun espazo emblemático do Concello de Ribadeo, e que tamén é unha icona natural de referencia para Galiza.

Durante a xornada está prevista unha visita á Praia das Catedrais pensada para que a responsable da Comisión Europea teña un coñecemento directo deste LIC que, en temporada de verán, recibe ata 6.000 visitantes ao día e supón unha fonte de riqueza fundamental para o Concello de Ribadeo.

“O obxectivo desta xornada é que os responsables de Medioambiente do Goberno comunitario valoren de primeira man a importancia que este espazo ten para Ribadeo en termos medioambientais e económicos, e axude a sumar esforzos a favor da súa preservación e posta en valor”, salienta Ana Miranda.

Exit mobile version