A Sala Castelao de Lugo celebra en febreiro o mes da maxia con actuacións todos os xoves. Charly, Rafa, Sasha y Teto serán os protagonistas destas actuacións, que complementan unha programación que se combinará con outros concertos.As catro actuacións terán lugar a partir da medianoite e a entrará custará 5 euros. A primeira estará a cargo de Charly e terá lugar o día 7. O mago Rafa será o segundo en actuar, concretamente o día 14. O día 21 actuará o mago Sasha. Pechará o programa de febreiro máxico a actuación de Teto o día 28. Complementario a estas catro actuacións, está previsto o concerto do grupo Winter in Berlin, o próximo día 8 de febreiro a partir das 22.00 horas. A entrada terá un custe de 3 euros. O 23 deste mesmo mes tamén tocará o grupo Mustang e o 15 actuará o monologuista galego Xan Cómico.
Mes da maxia na Sala Castelao
Mes da maxia na Sala Castelao
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia