Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 2.000 persoas seguiron en directo os campionatos de baristas do IES de Foz a través da Fundación TIC

Máis de 2.000 persoas seguiron en directo, a través da web da Fundación TIC, www.fundaciontic.org, os campionatos de baristas celebrados nos dous últimos días no IES de Foz. Isto foi posible grazas ó traballo dos 22 alumnos de segundo do Ciclo Superior de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) que, baixo a supervisión dos seus docentes, empregaron unha unidade móbil con cinco cámaras e todo o material necesario para a transmisión en tempo real co sistema streaming.

Deste xeito, todos os interesados na competición que non puideron asistir en persoa ó evento, tiveron a oportunidade de seguir, por primeira vez en directo e a través de todo tipo de dispositivos móbiles, as probas dos alumnos das 15 Escolas de Hostalería de España e Portugal que participaron este martes no VI Campionato Internacional de Barista Profesionais. Tamén tivo un importante seguimento o I Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que se celebrou este mécores.


Convenio de colaboración

O Instituto de Educación Secundaria de Foz é unha das 109 entidades coas que colabora a Fundación TIC. O obxectivo é promover as ensinanzas de hostalería que se imparten no EIS mariñán, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte ensinanzas superior da familia do audiovisual completan a súa formación. A gravación forma parte da programación de prácticas reais da Escola de Imaxe e Son de Lugo, nas que os alumnos empregan todos os medios técnicos necesarios para desenvolver un traballo profesional que contribúa á súa futura inserción laboral.

Exit mobile version