Site icon Crónica3.com A Mariña

Gómez Besteiro ratifica o apoio da Deputación á XXVIII Feira MOEXMU

_77K2024Gómez Besteiro ratifica o apoio da Deputación de Lugo á Mostra Exposición de Muimenta MOEXMU

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse está mañá cos membros da comisión organizadora da XXVIII Feira MOEXMU, presidida este ano por Pilar Morán, para reafirmar o compromiso que o organismo provincial mantén dende hai tempo con esta consolidada feira multisectorial. O máximo responsable provincial confirmou que a institución que el preside achegará novamente 3.000 euros, con cargo ó Plan Estratéxico de Subvencións, á Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, organizadora do evento. A Deputación de Lugo tamén cederá unha novilla procedente do rabaño de elite da Granxa Gayoso Castro para a subasta, así como trofeos para o concurso de gando.

Esta colaboración está enmarcada dentro da aposta do goberno provincial por potenciar os sectores estratéxicos e os produtos autóctonos lucenses, impulsando deste xeito a economía do rural e combatendo o grave despoboamento que padece a provincia. Gómez Besteiro subliñou que “hoxe máis que nunca hai que apostar polos piares da economía lucense: o sector agrogandeiro, os produtos autóctonos, para asegurar aínda máis a súa viabilidade”. O máximo responsable provincial insistiu na importancia de acadar o compromisos de todas as administracións para manter vivos este tipo de certames.

100.000 euros de volume de negocio

Nacida coma feira agrogandeira no ano 1985, MOEXMU foi ampliado a súa oferta a outros profesionais, interesados en participar nun evento que consegue atraer a milleiros de visitantes en cada edición. De feito, o pasado ano foron aproximadamente unhas 12.000 persoas as que se achegaron ata Muimenta a visitar as instalacións de máis de 20.000 metros cuadrados do Recinto Feiral “Manuel López Vila”, e xeraron un volume de negocio que superou os 100.000 euros, dos que máis de 30.000 foron recadados só coa subasta de gando.

Esta afluencia de persoas tamén se deixa notar nos negocios da parroquia e tamén nos doutros Concellos da comarca da Terra Chá –parroquias pertencentes ós Concellos de Vilalba ou Castro de Rei-, o que supón un impulso decisivo para a economía de Muimenta. Hostalería, bares e comercios vén incrementados os seus ingreso durante os tres días da MOEXMU. Esta mostra exposición mantense viva grazas á iniciativa privada dos empresarios e comerciantes da zona, os cales sufragan os gastos que xera este evento, polo que a colaboración das administracións é decisiva para asegurar a continuidade de MOEXMU.

Exit mobile version