Un ano máis, o alumnado do IES Vilar Ponte de Viveiro celebran unha nova edición do “Entroido solidario”. Consiste na venta de produtos típicos do Entroido (freixos, orellas, rosquillas…) e elaborados polos propios alumnos-as, nais e avoas, cunha finalidade sempre solidaria. Nesta ocasión, os cartos recadados van ser doados a Cáritas de Viveiro; outros anos foron destinados ao apadrinamento dalgún neno-a. Esta actividade solidaria ten sempre moi boa acollida e conta cunha importante participación do alumnado que aporta produtos típicos feitos de xeito caseiro pola súas familias. Levarase a cabo durante dous días, hoxe mércores 6 de febreiro e mañá día 7. Está organizada polo departamento de Relixión Católica que coordina o profesor Francisco José Janeiro Rodríguez.