Site icon Crónica3.com A Mariña

Entroido no Mercado do Souto

O domingo día 10 de febreiro celébrase o Entroido no Mercado do Souto en Cervo. Será no pavillón polideportivo pechado que ten o Concello de Cervo a carón do Colexio Público, por acordo entre os postos de d@s participantes e a organización do propio mercado, ata que o tempo o permita, que voltará a realizarse na Praza do Souto. É unha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta de carácter comarcal. A duración do Mercado do Souto é de 10.00 h a 14.00h. O Entroido consistirá e n levar 12 doces, orellas, filloas, rosquillas, frores…Haberá agasallos (cestas de Entroido con produtos da terra) para o máis tradicional e o máis innovador.

Exit mobile version