O Entroido chega a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”. Mañá xoves día 7 celebran unha festa. Esta xornada festiva terá lugar no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela dende as 11:.00 h e ata as 13:30 h. Así ás 11:00 terá lugar a inauguración da xornada cunha chocolatada para preparar o corpo para a gran festa, onde un total de 41 persoas se divertirá con xogos de animación, maquillaxe de entroido ou globoflexia impartidos por Gaia. A continuación seguirán cunha comida no restaurante Nordés. Dende hai días no Taller de costura, impartido nos Centros e na tenda-sala de exposicións, que teñen no Centro Comercial Porto Plaza, elabóranse os disfraces. É un disfraz de grupo moi divertido e no que todos os nosos usuarios colaboraron na súa elaboración.