A Comunidade de Montes de Vilaestrofe mantivo unha reunión o pasado 27 de Xaneiro co fin de organizar unha serie de actos con motivo do centenario da escola de San Román de Vilaestrofe. Acordouse editar un libro no que se recolla toda a documentación relativa á construción (1913), á vida do promotor da construción, así como da vida na parroquia nesa época ou recoller todas as xeracións que pasaron pola escola. Por iso, fan un chamamento a tódolos veciños de San Román e aqueles que asistiron á escola e que hoxe residen fóra e que posúan fotos antigas ou algún tipo de documentación para que se poñan en contacto coa Xunta Directiva da Comunidade de Montes. Asimesmo, en vindeiras datas manterán reunións tanto co Concello de Cervo como coa Deputación para solicitarlles a súa colaboración na iniciativa.
Centenario da escola de San Román de Vilaestrofe en Cervo
Centenario da escola de San Román de Vilaestrofe en Cervo
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro