Alumnos que coincidiron estudando no IES Perdouro Admón. e Comercial en Burela, procedentes de diversas localidades (Cangas, Ferreira, San Cibrao), xuntáronse o sábado 24 de febreiro no restaurante O Nordés para cear. En total 18 ex-alumnos asistiron á cea para recordar anécdotas despois de tantos anos. Esperan que este tipo de reencontros se repitan tanto para os que estiveron presentes como para os que non puideron participar e agradecen ás rapazas encargadas de organizar o acto.