Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea de Comadres no restaurante A Dorada do Cantábrico de Ribadeo

A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, organiza a súa cea de Comadres, que chega á súa terceira edición. Será este venres, día 8, ás 22.00 horas. O menú inclúe paté de marisco, croquetas de xamón ibérico, navallas á prancha con allada e rodaballo en salsa verde. De postre haberá fresas con nata. E as bebidas serán viños das denominacións de orixe Ribeiro e Rioja, café e licores. O prezo é de 25 euros por comensal. O evento é só para mulleres e despois da cea haberá unha sesión de tuppersex. As reservas poderán realizarse no propio restaurante, que está na rúa Virgen del Camino, número 14 de Ribadeo, ou tamén chamando o 982.129.608 ou 982.129.616. O prazo para inscribirse finaliza o propio venres ás tres da tarde.

Exit mobile version