Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades do Entroido en Xove

Este venres día 8 comezan as actividades do Entroido 2013 en Xove, organizadas pola Concellería de Cultura e a Concellería de Servizos Sociais. O programa de mañá inclúe ás 11.00 horas o desfile da Escola Infantil de Xove ata o Concello. E ás 11.30 festa do Entroido da Escola Infantil no salón de actos do Centro Cívico. Ante posibilidade de choivas, se así fose o caso, tanto o desfile como a festa celebraríanse na Escola Infantil. Tamén informan que está aberto o prazo para inscribirse no Desfile de Entroido do sábado 9. Estará aberto o venres 8 de 8 a 15 horas nas oficinas do técnico municipal de Cultura, no último andar do Concello. Tamén se poderá inscribir o sábado 9 de 15 a 19 horas na nave-almacén situada ao carón do campo municipal de fútbol de Xove (lugar onde partirá o desfile). Dende o Concello avisan que para o desfile do sábado a partires das 17:00 NON APARQUEN na marxe dereita da estrada (Avenida Deputación) en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo ata o seguinte.

Exit mobile version