Site icon Crónica3.com A Mariña

A VIII Marcha en BTT de Burela reuniu a 251 ciclistas chegados de distintos lugares de Galicia, Asturias e León

Foto Marcha 1O pasado domingo día 3 de febreiro o Club Ciclista Burela organizou a VIII Marcha en BTT de Burela, na mesma participaron 251 ciclistas chegados de distintos lugares de Galicia, Asturias e León.

A saída fíxose as 9:30 horas como estaba previsto, a proba transcorreu sen incidencias salientables, algunha caída sen importancia e as averías de costume neste tipo de probas.

Tódolos anos facemos un percorrido distinto buscando novidades que satisfagan ós participantes e este ano cambiamos de zona percorrendo os montes de San Román de Vilaestrofe e Rúa pasando por sitios tan fermosos como e o Paseo dos Namorados en Sargadelos e ciclando por un sendeiro feito polos animais nunha fraga de arboledo autóctono nos montes de Rúa sendo a cota de altitude máxima da Marcha con 450 m.

Como novidade salientable destaca a chegada a Burela que a fixeron a través dun tubo que une o monte na zona de Cardoxe coa Vila do Medio por debaixo da variante.

O remate e despois de lavar as bicis e darse unha ducha, tódolos ciclistas e acompañantes así como os membros do Club organizador desfrutaron dun xantar no mesmo pavillón dende onde se dera a saída.

A organización está moi satisfeita de cómo se desenrolou todo, o número de participantes foi en aumento con relación co ano pasado e as opinións ó remate da proba eran de moita satisfacción. Os ciclistas valoraron o traballo feito para poder facer un percorrido divertido.

Agradecen a tódolos participantes por ir a esta Marcha e polo comportamento de respecto á natureza non tirando lixo nos camiños.

Agradecer moi especialmente os colaboradores: Concello de Burela, Burelarte, Alcoa, Electromariña 2007 SLL. e Burelabikes.

Exit mobile version