XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA (TEMPORADA 2012/2013)
INCIDENCIA DA 14ª TIRADA (CENTRO SOCIAL O CRUCEIRO – Sábado, 2 febreiro 2013)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Día moi frío e con periódicos chaparróns de auganeve. Excelente participación con 39 inscritos.
Liga Senior Masculina.- Aprétase a clasificación nesta categoría. Agás José Rafael González, tódolos favoritos lograron puntuar. Xa comeza a ser preocupante o de Rafa, que nas últimas 3 tiradas só conseguiu 4 puntos, o que a pasada semana lle costou o liderato e esta o segundo posto; nestes intres comparte a terceira posición, con 95 puntos, con Arturo Vigo. Sócrates Campo conseguiu auparse á segunda posición grazas á súa victoria; no seu caso, con 27 puntos conseguidos nas tres últimas tiradas, dos 100 puntos totais que acada na temporada. Sigue líder, aínda que cunha mínima vantaxe de 4 puntos sobre Sócrates e 9 sobre Arturo e Rafa, Carlos Javier Rodríguez con 104 puntos; no caso de Carlos Javier, son 24 puntos os conseguidos nestas tres últimas tiradas.
Polo tanto, a falla das tiradas de A Vara, Vilachá, Morás e Sumoas, a cousa non pode estar máis reñida na categoría grande dos bolos. As alternancias no liderato ao longo da temporada -xa que agás Sócrates, os outros tres favoritos en algún momento tiveron o liderato- fan que neste intre non poidamos nomear un favorito claro. A cuestión vai ser seguramente quen dos 4 se descolga da loita final. Apaixoado, polo tanto, vai ser este final de Liga.
Liga Senior Feminina.- A lideresa Carmen Roca aumenta a súa diferenza a 19 puntos, prácticamente insalvables para súa perseguidora Belén Meitín; ésta deberá estar máis preoucapada polas súas perseguidoras Concepción Piñeiro (a 8 puntos de Belén) e por Dolores Meitín (a 12 puntos de Belén).
Liga Sub 16.- Tamén nesta categoría parécenos que a victoria final tena moi asegurada Daniel López, que lle saca 17 puntos á actual campiona Salomé Cardoso. Salomé, o mesmo ca pasada semana, conseguiu manter a distancia co seu inmediato perseguidor, que non é outro que seu irmán Iaias.
A vindeira tirada, e DECIMOQUINTA DO CAMPIONATO, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA vindeiro SÁBADO 16 DE FEBREIRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Recordar que este vindeiro sábado (sábado 9 de febreiro) non hai xornada de bolos debido a CELEBRACIÓN DO ANTROIDO.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO ( 2 FEBREIRO 2013) INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 12 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 278 | 12 |
SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 275 | 10 |
TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 264 | 8 |
CUARTO | JOSE VIGO LAGE | 264 | 7 |
QUINTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 252 | 6 |
SEXTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 236 | 5 |
SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 232 | 4 |
OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 225 | 3 |
NOVENO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 211 | 2 |
DÉCIMO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 202 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 91 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 88 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 87 | 4 |
TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 66 | 3 |
CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 57 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 36 | 1 |
MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 51 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 60 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 52 | 4 |
TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 45 | 3 |
CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 39 | 2 |
QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 39 | 1 |
MELLOR BOLADA | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 30 | 1 |