A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña organiza charlas informativas nas principais vilas da comarca
Sospeitan que a Consellaría de Sanidade xa está dando pasos para implantar en Lugo o modelo de Xestión integrada que acabará coa autonomía de xestión a Area Sanitaria da Mariña e terá efectos moi negativos para a calidade asistencial na comarca.
A Mariña, 5 de febreiro de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña prepara charlas informativas nas vilas mais poboadas da comarca para informar das intencións da Consellaría de Sanidade de implantar na provincia de Lugo o modelo de Xestión Integrada que xa funciona noutras provincias galegas e que foi paralizado en Lugo pola contestación social da Mariña e Monforte que non queren perder a calidade asistencial.
Recortes brutais no orzamento do SERGAS PARA 2013.
Para a Plataforma os recortes brutais no orzamento do SERGAS para 2013 non agoira boas noticias xa que tanto en sanidade primaria con 12,7 millóns de euros de recorte en relación a 2012 para a provincia e 2,25 no Hospital da Costa poñen en cuestión o mantemento da calidade asistencial en PACs e Centros de Saúde así como no Hospital da Costa que reduce considerabelmente a partida para persoal. E botan un xarro de auga fría sobre aqueles que creron nas promesas de Núñez Feijoo sobre a ampliación deste centro hospitalario.
O Hospital da Costa está colapsado por falta de espazo
A Plataforma denuncia que hai áreas do centro hospitalario mariñao que rexistran cotas de saturación mais propias do terceiro mundo e poñen o exemplo da área de urxencias onde os pacientes están repartidos por pasillos e salas de agarda nunha situación impropia dun país avanzado. Dende a Plataforma poñen por diante o bo traballo dos e das profesionais que fan o que poden e responsabilizan aos xerentes do SERGAS da ausencia de compromiso material para ampliar o centro hospitalario.
O xoves 7 ás 20:00 na Sal Multiusos do Concello de Viveiro primeiro acto informativo
A Plataforma iniciará este xoves, 7 de febreiro na localidade de Viveiro unha serie de actos informativos, o acto terá lugar na Sal Multiusos do Concello de Viveiro ás 20:00hrs. e contará coa presenza de representantes da Plataforma que informarán dos efectos do modelo de xestión integrada, recortes orzamentarios para 2013 e do perigo dunha privatización sanitaria aínda mais acentuada como xa estamos vendo en comunidades como a Madrileña.