Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG Alcoa denuncia a “pouca transparencia” do pleno do Comité de Empresa

A CIG denuncia a pouca transparencia do pleno do Comité de Empresa

A CIG denuncia a ocultación de responsabilidades nas decisións que o pleno do Comité de Empresa toma por votación. Na práctica totalidade de casos estas realízanse por grupos sindicais e aínda que nas actas se reflicte o resultado global das mesmas non se recolle o sentido de voto de cada sindicato. A CIG opina que esta forma de realizar as actas só ten como fin a ocultación aos traballadores de quen é o responsable das decisións. Este é o motivo de que a CIG non aprobase a acta do mes de Xaneiro. No pasado pleno de xaneiro no que se elixiu a figura de Vicesecretario do Comité, a CIG, pese a ser o segundo sindicato máis votado nas eleccións sindicais e non ter ningún representante nos cargos do Comité de Empresa, volveu a ser excluída na votación por UGT, CC.OO, APC e a abstención de CSI•F. Sen embargo non se incluíu na acta o sentido de votos dos sindicatos. Esta mesma circunstancia deuse no pleno de xullo de 2012 ante unha proposta da CIG en campamentos que tamén foi rexeitada por UGT e CC.OO. Dende o noso punto de vista, si é interesante recoller as votacións por grupo, pois desta
forma os traballadores coñecen as posturas das distintas Seccións Sindicais que conforman o Comité de Empresa.

Sección Sindical CIG Alcoa.

Exit mobile version