Pleno de triunfos dos equipos base do C.D.Foz. Os tres equipos acadaron esta fin de semana outros tantos triunfos nos seus respectivos partidos.Os INFANTÍS de Burunda gañaron o sábado no Martínez Otero a un potente Lalin por 3-0.Gran segunda parte dos focegos que remataron o partido con dous goles máis que o que levaron o descanso do encontro.Iñaki (2) e Fran foron os goleadores do equipo blanquivermello.O sábado os XUVENÍS no Municipal de Malates golearon por 4-1 ó Pastoricense, que plantou cara ata os derradeiros 15 minutos do encontro onde encaixaron tres goles.Bouso (3) e Xian foron os goleadores.Pola súa parte os CADETES, que xogaron o domingo tamén no Municipal gañaron o Polvorín por 4-1 nun partido malo e aburrido.A falta de actitude volveuse a mostrar neste magnifico plantel de xogadores, que deberán tomarse o deporte de outra maneira.Iván, Asier, Eijo e Xose foron os goleadores.