Site icon Crónica3.com A Mariña

Oito premiados no certame de poesía de Nadal organizado en Lourenzá

OITO NENOS RESULTARON PREMIADOS NO CERTAME DE POESÍA DE NADAL ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “JUANA DE IBARBOUROU”.

Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. Oito nenos e nenas resultaron premiados no certame de poesía da Nadal organizado pola biblioteca pública municipal “Juana de Ibarbourou”, de Lourenzá. Un dos galardóns quedou deserto.
Os gañadores foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura, Lupe Flórez, como presidenta do xurado, quen explicou que “os traballos clasificados nesta fase local tomarán parte na convocatoria provincial do certame e dende a Concellería de Cultura felicitámolos e desexámoslles sorte nesta nova fase”.
Lupe Flórez tamén explicou que a data para a entrega de diplomas e agasallos aos agraciados está pendente de confirmar, pero a previsión é que se celebre nos vindeiros días, antes de que remate este mes.

GAÑADORES CERTAME DE POESÍA DE NADAL 2012

Convocatoria Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou”
Lourenzá

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio
Safae Tazagart

2º premio
Jerom Moirón Trigo

3º premio
Raúl Santón Iglesias

Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio
Antía Lillo Irimia

2º premio
Javier Álvarez Méndez

3º premio
Iria Pardo Pendás

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio
Ilyass Khaled

2º premio
Zohra Itrih

3º premio
———

* O terceiro premio desta Categoría queda deserto, ao non presentarse máis que os dous traballos seleccionados.

Exit mobile version