En principio parécenos unha boa iniciativa que se den a coñecer ós establecementos do pobo nun evento destas características, como non podía ser de outra maneira, pero o que nos chama a atención é que a concelleira en cuestión teña pensado asistir a dita feira coa que está a caer no Concello onde non hai axudas para os clubs deportivos, nos teñen castigados sen luz, nos soben os impostos e as taxas e nos están recortando ata na recollida do lixo. Parece ser que si hai cartos para ir de viaxe a FITUR a pasar uns días a Madrid, e aínda encima vendendo que dende o Concello non se lles vai a cobrar nada por levar o material que van a preparar e pagar os propios locais hostaleiros, a nosa pregunta é a seguinte: ¿E logo que tiña pensado cobrarlles? ¿Os portes por levalos a Madrid? Realmente non parece nin serio nin de recibo este tipo de anuncios.
Esperemos que esta noticia sexa unha broma e a este “desgoberno” non se lle ocorra gastar os cartos de veciños, ós que tanto sacrificios se lles está a pedir, en viaxes mentres non se solucionen os problemas que mencionamos anteriormente, dende o PSdG-PSOE de Burela pensamos que se deben de ter prioridades e non vemos como unha prioridade neste momento ir pasar uns días a Madrid á conta dos veciños.
Como a nosa intención é a de ser construtivos, imos a darlle unhas ideas ó equipo de goberno para que a xente que veña de visita a Burela volva a visitarnos tentando que a imaxe que da o noso pobo ultimamente mellore. Vimos de detectar despois das denuncias dos veciños o lamentable estado de imaxe que ven adquirindo o pobo dunha temporada para aquí, e imos a poñer uns pequenos exemplos con probas gráficas para que non se diga que é mentira. Vimos de detectar nos contedores de aceite doméstico un abandono total, nalgún levan botellas almacenadas dende antes das datas do Nadal. Fincas sen limpar que fan que a imaxe do pobo non sexa precisamente a máis recomendable. Marquesiñas do autobús cheas de carteis pese a que a ordenanza municipal é clara sobre este asunto. Cubos de basura sen tapa deixando que o olor dos mesmos encha as nosas rúas da súa fragancia, etc, etc, etc….
Recomendámoslle ó equipo de goberno que se poña dunha vez a gobernar e se deixe de viaxes e gastos improdutivos que non benefician en nada ós veciños de Burela,entendemos que o Sr alcalde non se entere destes asuntos ó non vivir no pobo, pero debería de ter uns subalternos que ó puxeran ó día destas situacións.
Esta situación é máis grave tendo en conta que en breves datas nos van a visitar os altos cargos do seu partido, e non vaia a ser que se leven unha impresión tan mala como a que teñen os veciños e veciñas da xestión que está a facer o equipo de goberno, isto dicímolo polo ben do propio alcalde e do seu equipo de “desgoberno”.