Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo agradece o recibimento de Beatriz Mato e consideran “moi positivas” as iniciativas propostas

O PP ribadense agradece o recibimento realista e responsable de Beatriz Mato quen traballa arreo para que Ribadeo conte coa Residencia

Os populares consideran moi positivas as iniciativas de Beatriz Mato, quen propuxo a creación de corenta prazas concertadas e ven moi atractiva a proposta para empresas interesadas en poñerse ao fronte

Os populares agradecen tamén ao Secretario xeral do PP, José Manuel Balseiro, a súa preocupación e aseguran que o seu partido nunca buscou nin busca confrontación senón que pretende solventar un problema motivado pola actitude incompetente do alcalde, incapaz de negociar e chegar a ningún acordo

Ribadeo, 15 de xaneiro de 2013.- O PP de Ribadeo agradeceu esta mañá a responsabilidade, preocupación e o realismo mostrado por parte da Xunta de Galicia, neste caso, da Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, quen, tras reunirse coa Plataforma pro-residencia de maiores de Ribadeo, propuxo crear corenta prazas concertadas nunha residencia privada.

Os populares aseguran que a do venres foi unha boa nova posto que ante a falta de presuposto “atopámonos ante unha Conselleira que se preocupa e baralla varias propostas para facer posible esta iniciativa”.

Di o PP que esta iniciativa é ao tempo, moi atractiva para calquera empresa que decida porse ao frente da Residencia posto que sabe, de antemán, que vai contar con corenta prazas concertas.

UN ALCALDE ENFADADO

Os populares afirman que as actitudes do alcalde son sempre as mesmas: un Fernado Suárez belixerante e incompetente. “Non se preocupa polos problemas e necesidades dos ribadenses e moléstalle que os demáis sí nos preocupemos”- manifestan os populares, quenes lembran que a xuntanza entre Plataforma e Conselleira non se producíu antes pola actitude do alcalde en todo este asunto.

Lembran os populares que o seu partido non rachou ningún convenio, simplemente, e tendo en conta a pasividade do rexedor, púxose mans a obra para que Plataforma e Conselleira mantiveran a xuntaza e solventar así este asunto.

O PP de Ribadeo agradece tamén ao Secretario Xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, a súa preocupación e valora positivamente a facilidade e receptividade por parte da Conselleira de Traballo e Benestar Social para dar solución a esta temática.

Exit mobile version