Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove abriu o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido

ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2013” EN XOVE

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2013, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 9 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 5 DA TARDE.

O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:00 a 15:00 horas –os luns de 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas-) ata o venres 8 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.
-O mesmo día do desfile (9 DE FEBREIRO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 9 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE

Carrozas.
1º premio: 450 euros
2º premio: 250 euros
3º premio: 150 euros
3º premio: 150 euros

Comparsas e grupos de dez persoas ou máis
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 125 euros
3º premio: 125 euros

Grupos de 3 a 9 persoas
1º premio: 110 euros
2º premio: 80 euros
3º premio: 50 euros
3º premio: 50 euros

Parellas
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros
3º premio: 40 euros INDIVIDUAIS

Individuais adultos
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio: 30 euros
3º premio: 30 euros

Individuais infantil (nenos)
1º premio: 40 euros
2º premio: 30 euros
3º premio: 20 euros
3º premio: 20 euros

Individuais infantil (nenas)
1º premio: 40 euros
2º premio: 30 euros
3º premio: 20 euros
3º premio: 20 euros

Exit mobile version