Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela entregará a partir do día 16 a documentación sobre a aceptación das alegacións ao PXOM

O CONCELLO DE BURELA ENTREGARÁ OS INFORMES SOBRE A ACEPTACIÓN DAS ALEGACIÓNS AO PXOM A PARTIRES DO VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 16 DE XANEIRO. O EQUIPO DE GOBERNO ESPERA ENVIAR EN FEBREIRO O DOCUMENTO PARA A REALIZACIÓN DA MEMORIA AMBIENTAL.

Burela, 14 de xaneiro de 2014. O equipo de goberno do Concello burelés avanzou hoxe que a partires do vindeiro mércores, día 16 de xaneiro, comenzarán a entregar a documentación sobre a aceptación das alegacións ao PXOM. A documentación seralle facilitada aos propios interesados no Concello, nas dependencias de Secretaría, en horario de unha da tarde a dúas e media do mediodía, co fin de garantir unha mínima organización tanto para os interesados coma para os propios empregados municipais.

Desde o equipo de goberno indicaron que “esta medida adóptase para garantir que a documentación se entrega directamente aos interesados, xa que estes deberán acreditar a súa identidade a través do DNI. E tamén por unha cuestión de aforro económico evidente”.
Ademais, na primeira quincena de febreiro confíase en enviar á Xunta de Galicia o documento que se someterá á aprobación provisional, para que por parte da administración autonómica se elabore a correspondente e preceptiva memoria ambiental.

Exit mobile version