Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suárez agradece á Deputación o seu “compromiso” con Ribadeo e espera que o viario estea en primavera nun estado “aceptable”

A MAQUINARIA E A BRIGADA DE OBRAS DE DEPUTACIÓN PASARÁ UNHAS TRES SEMANAS EN RIBADEO AMAÑANDO XUNTO CO CONCELLO MOITOS CAMIÑOS “DO VIARIO TAN IMPORTANTE E DE TANTA LONXITUDE QUE TEMOS AQUÍ”, SEGUNDO O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.

Ribadeo, 14 de xaneiro de 2013. A maquinaria e a brigada de obras da Deputación de Lugo chegaron a Ribadeo para arranxar varios camiños. Aquí estarán durante unhas tres semanas. O alcalde, Fernando Suárez, agradece o compromiso do presidente da institución provincial con Ribadeo e subliña que así se chegará a moitos máis sitios e lugares “para darlle unha volta a este viario tan extenso que temos no noso concello”.
O rexedor dixo que “si ben o outro día anunciamos a inminente reanudación dos traballos de revacheo e de asfantado nos diversos camiños municipais con fondos propios e con algún programa que temos por aí, no día de hoxe debemos indicar que a maquinaria da Deputación Provincial, a brigada de obras, xa chegaron a Ribadeo tal e como tiñamos o compromiso pendente co presidente, José Ramón Gómez Besteiro” e engadiu que “fiel á súa palabra nos vai botar unha man con outra remesa máis de materiais, de traballadores e de maquinaria, que se complementará coa municipal para ver si entre as dúas institucións, Concello e Deputación, durante unhas tres semanas poidamos ir a moitos máis sitios e lugares para darlle unha volta a este viario tan importante e de tanta lonxitude que temos aquí en Ribadeo”.
Fernando Suárez agradécelle á Deputación de Lugo “o seu compromiso con Ribadeo unha máis e a ver, si entre todos, á volta da primavera as vías de comunicación están nun estado aceptable”.

Exit mobile version