Site icon Crónica3.com A Mariña

Cursos de lingua galega en Foz

A Concellería de Educación e Cultura no Concello de Foz informa que se abre o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en facer os cursos de galego segundo a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013. O prazo de remate de inscricións é o día 24 de xaneiro. Follas de Inscrición na Conserxería da Casa da Cultura e información no teléfono 982140675.

Exit mobile version