Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro valora como unha “estupenda noticia” que a partir do primeiro de abril a factura bimensual da luz regrese a centos de fogares da comarca

O deputado que xa amosou a súa preocupación por este tema no Parlamento galego ante o aumento das reclamacións contra as eléctricas na comarca aplaude hoxe a reforma impulsada polo Executivo do Partido Popular

Balseiro valora como unha “estupenda noticia” que a partir do 1º de abril a factura bimensual da luz regrese a centos de fogares da Mariña

Este cambio decidido polo Goberno central permitirá que as facturas inclúan só o consumo real e non o estimado, e contribuirá a paliar gran parte dos problemas que veñen afectado aos consumidores nos últimos anos, logo de que a finais de 2008 se creara a factura estimada.

Lugo, 16 de xaneiro de 2013.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro cualificou de “estupenda noticia” para centos de fogares e de pequenas empresas da Mariña que a partir do primeiro día do mes de abril volvan a recibirse os recibos da luz cada dous meses e baseados exclusivamente en lecturas reais.

A medida que xa aparece no Boletín Oficial do Estado beneficiará aos consumidores con potencias contratadas inferiores ou iguais a 15 kilovatios (kW), fundamentalmente fogares e PEMES que evitaran os prexuízos provocados polas lecturas estimadas. En todo caso, aqueles usuarios que desexen manter a facturación mensual, pola que unha de cada dúas lecturas é estimada, poderán facelo sempre que o soliciten de forma expresa

Segundo subliñou Balseiro, esta decisión do Goberno central contribúe a paliar gran parte dos problemas que veñen afectado aos consumidores nos últimos anos logo de que a finais de 2008 se introducira a factura estimada. O deputado preocupouse deste tema no Parlamento ante o aumento das reclamacións na comarca. En Galicia este cambio devolverá á fórmula sen estimacións a centos de miles de usuarios

Exit mobile version