O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido. Polo aspecto do animal é unha femia de raza Border Collie, que apareceu atrapada preto dunha presa no río Batán, na parroquia de San Xorxe, concretamente entre o lugar de Mazúa e Outeiro. Foi rescatada por un veciño do lugar. De momento está na casa deste home ata que apareza o dono e de non ser localizado o propietario farase cargo do animal o veciño que o rescatou.