Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal da área sanitaria norte de Lugo apoia as accións postas en marcha no Hospital de Vigo

XUNTA DE PERSOAL ÁREA SANITARIA NORTE. MANIFESTO DE APOIO AOS COMPAÑEIROS/AS DO HOSPITAL DE VIGO PECHADOS EN CONTRA DOS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA.

Burela a 16 de Xaneiro de 2012.

A Xunta de Persoal da Área Norte de Lugo na Mariña Lucense quere transmitir ás nosas compañeiras e compañeiros do Hospital de Vigo ánimo e o noso total apoio ás accións postas en marcha para impedir os recortes, desmantelamento e privatización da nosa sanidade pública.

Dende aquí, ademais da obrigada solidariedade profesional convosco, entendemos que a vosa loita é a nosa loita e que o que acontece en Vigo máis tarde ou máis cedo reproducirase no resto de Galiza.

Por iso dende a Xunta de Persoal poñémonos á vosa disposición para promover calquera acción que se considere útil para evitar a posta en marcha das nefastas medidas tomadas polo Goberno do PP.

Por iso: NON A PRIVATIZACIÓN, DEFENDAMOS A SANIDADE PÚBLICA, CONTRA OS RECORTES…MOBILIZACIÓN!

Exit mobile version