Pilar Caserío Ramudo, profesora de Matemáticas do Instituto Alfoz-Valadouro celebrou a festa da súa xubilación o pasado venres, día 21 de decembro. Pilar foi obsequiada por todos os seus alumnos con diversos agasallos. Nese mesmo acto dirixiu unhas emocionadas palabras aos seus discípulos. Logo ela e os seus compañeiros asistiron a unha comida en Alfoz, durante a cal se celebraron diversos actos para agasallar a Pilar. Pilar foi profesora durante moitos anos do Colexio de Primaria Santa María do Valadouro e do Instituto Alfoz-Valadouro, nos cales ocupou, ademais, diversos cargos directivos.